contacto adegas e viñedos
 
 
adegas e viñedos
historia
os viños
onde estamos
ligazón
pedidos
ADEGAS E VIÑEDOS

 
A
instalación da nova adega realizouse cun agregado con criteros de arquitectura contemporánea sobre unha antiga “adega de garda", pertencente á familia dende o século XVIII.

O entorno de castiñeiros e a ubicación semienterrada proporciona as condicións idóneas de temperatura repouso e silencio que contribúen a que os viños elaborados nesta adega resalten as súas características máis específicas.

Os viñedos repártense en tres fincas na ribeira dereita do Miño. Situadas a media ladeira e perfectamente orientadas ó medio día, fan destes terreos pedregosos excepcionais zonas de cultivo.

Cepas vellas con máis de 50 anos e modernas plantacións combínanse para acadar, en variedades como a Mencía, unha maior calidade na nosa uva.

 
       
 
 
premios
 
 
 
 
 
 
 
e-mail
. . .
web desenrolada por novodesenho Adegas e Viñedos Lareu  Sabadelle |  Chantada |  Lugo |  Galiza .