|
Luís Expósito ten un posto de responsabilidade nunha importante empresa eléctrica. O que súa nai, solteira, soñou para él e polo que tanto loitou. Ven a Chantada negociar a adquisición das terras altas da Ribeira para a construcción dun parque eólico. Está intrigado pois días antes da viaxe recibe un anónimo cun recorte onde aparece unha tumba con dúas
inscripcións: Luís Franco e O Piloto. No camiño fai amizade con Sabela, unha moza moi extrovertida de quén non lle costa sacar información para o seu primeiro contacto, Andrés, un adegueiro que intenta montar unha
cooperativa coas axudas do Plan Leader da Comunidade Europea.Axiña o seu cometido vese perturbado por sucesos máxicos que o alteran, e por unha tola que parece coñecelo moito, Otilia, coa que bate cando está a facer fotos. Malas fotos, pois non se lle dá ben. |
Xavier Díaz no papel de Luis Expósito |