|
||
| |
||
| :: organización |
|
.: PRODUCIÓN: GRUPOS :. |
Este foi a metodoloxía empregada xeralmente para a gravación da serie: |
|
GRUPO DE ATTREZZO |
|
Xestiona e consigue o material de attrezo e escenografía. Encargase de que ese material estea no seu momento no lugar da gravación. Deixan o escenario preparado xusto antes de empezar a gravar, logo marchan. Estarán localizábeis por se faltase algo, caso no que a axudante de produción os avisaría. Este grupo (2,3 persoas)necesitará conseguir, en principio, os materiais que aparecen na lista "attrezzo". Ademais, para poderen realizar o seu traballo comodamente: |
|
GRUPO DE CATERING |
Xestiona e consegue alimentos e bebidas para o equipo durante a gravación. En todo momento ten que haber polo menos auga e algo de froita para os compañeiros que están gravando, pero o idóneo é sempre que haxa posibilidade de tomar un café ou picar algo. Hai que ter en conta que son moitas horas de traballo, e o feito de parar uns minutos a tomar un bocata pode axudar a que haxa un bo ambiente e a gravación non se converta nun suplicio. Seria interesante, ademais, que se fixese unha comida quente ao día, para relaxarse todo o equipo xunto e intercambiar impresións sobre o traballo realizado. Para iso, Mercedes Vázquez ofrécenos un local na parroquia de Pesqueiras, onde ademais poderiamos centralizar a maquillaxe e vestiario dos actores. Seria interesante propoñerlles aos veciños e veciñas da zona que aportasen algún prato (tortilla, ensalada...) para ese xantar do final ou do medio do día. No plano de traballo aparecerán previstas as horas das comidas, así como as pausas para bocadillos. A primeira hora da mañá levarase ao lugar de gravación auga suficiente para toda a xornada, así como algún termo de café e leite, froita... Para isto pode ser necesario contar cunha neveiriña das de camping. |
|
GRUPO DE PRODUCIÓN EN SET |
|
Son dúas persoas no lugar da gravación e dúas no "cuartel xeral" (lugar onde se maquilla, onde esperan os actores...). As persoas que están na gravación irán anotando todas as incidencias: as tomas que se gravan e as que hai que repetir, como se vai con respecto aos horarios previstos... Para isto, terán un "parte de gravación". Se falta algo: algunha prenda de roupa, algún actor, algún obxecto para o decorado ou attrezzo... un dos dous irá busca-lo, ou porase en contacto con a persoa de produción no "cuartel xeral" para que a consiga e a traia. A persoa no cuartel xeral é a encargada de ter preparados aos actores para entraren a gravar (para o que terán que estar ali con antelación, por se fixese falla caracterizalos, arranxar o vestiario ou a maquillaxe). Cando lles toque entrar a gravar, unha das persoas de produción en rodaxe iravos buscar no coche. O grupo de produción no set é o encargado de repartir as ordes de gravación de cada día ao final de cada xornada de traballo. Cada noite, recordaralle aos distintos membros do equipo (actores, realizadores, maquilladoras...) o plano para cada día: onde se queda, que secuencias hai que gravar, a que hora teñen que estar no "cuartel xeral" (punto de encontro de todos os membros de equipo cada día). Para facilitar o seu traballo, esta equipa precisa: |
|
GRUPO DE PROMOCIÓN E PATROCINIO |
As persoas que o forman traballan á marxe das gravacións. A súa función é a de conseguir o maior número posíbel de apoios económicos ou de material por parte das empresas da zona. Para iso, o sistema poden ser as entrevistas formais, a solicitude escrita ou as charlas informais. A medida que se vaian conseguindo compromisos por parte de empresas e institucións, os integrantes deste grupo poñerano en coñecemento dos demais membros do equipo de produción, para que saiban que con esas empresas se pode contar para posíbeis necesidades. |
|
|||||
|