contacto adegas e viñedos
 
 
historia
HISTORIA

                    
 
C
os romanos chegou a cultura do viño (unido á nova civilización) e seguramente entre eles viña aquel SABBATUS*que lle deu nome á parroquia.

Foi a idade media unha época de expansión dos viñedos, documentados neste meandro do río no século XIII, ós que seguen uns modos forais de explotación das terras "nas granxas" como microtopónimo que se mantén deica os nosos días.

A minuciosa intervención do home no medio deu lugar ás terrazas escalonadas ou muras e posibilitou a viticultura, ó mesmo tempo que creou unha paisaxe peculiar.

Esta vinculación coa natureza e cunha historia e tradición no cultivo da vide son distintivos de orixe e garantía de conservación da paisaxe da RIBEIRA SACRA.
*Ou tamén o seu diminutivo SABBATELLIVS.

Dende o comezo do cultivo da vide, hai catro mil anos, cada cultura contribuíu ó seu desenvolvemento.

Foron os romanos os impulsores da vide en Europa, con eles medrou e propagouse ata os confíns do seu Imperio, dende o Mediterráneo á mesma Alsacia, acadando axiña unha gran extensión. Así, entre os séculos X e XII, as ribeiras do Miño co asentamento de cenobios e monacatos, converteranse nun lugar privilexiado para o cultivo e elaboración de viños.

Primitivo Lareu fai memoria desta tradición secular agasallándonos con este Sabatelius de autor.


 
       
 
 
premios
 
 
 
 
 
 
 
. . .
web desenrolada por novodesenho Adegas e Viñedos Lareu  Sabadelle |  Chantada |  Lugo |  Galiza .